Pusilánime constrúese como un diálogo entre dúas voces: a dunha muller do barrio, que relata desde a disociación unha vida marcada pola violencia, o silencio e un trauma sexual non recoñecido; e a dun escritor que, ao reencontrarse cunha vella máquina de escribir, revisita o seu pasado e a súa culpa por calar no canto de actuar.
A través destas dúas voces, esta novela reflexiona sobre a memoria, a culpa colectiva, o silencio fronte ao abuso e a responsabilidade ética de contar.
Unha indagación literaria sobre se escribir pode reparar o dano… ou só ser outra forma de fuxir.
Mario Caneiro Ameneiros
Nacido en Narón en 1969 e veciño de Compostela dende 1987, publicou a novela Homiños no ano 2012 na editorial Barbantesa; a súa tradución, Nunca quise ser niño, foi editada en 2015 por Pulp Books. Nese mesmo ano, e de novo en Barbantesa, publica o libro de relatos Emparellados e tres nenas, do que no 2020 nacería o conto ilustrado A nena (en colaboración coa ilustradora Eva Rieiro e publicado na editorial Medulia). Tras a novela Ana e os homes, que viu a luz no ano 2017 e Túnel de vento, o seu primeiro poemario, publicado en 2021, chegaría a súa cuarta novela, Happy End (2023).
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)












