20% OFF shipping at lifisolutions.eu on orders over $79 + up to 10% OFF products
lifisolutions.eu
home > A LIÑA DA VIDA > A LIÑA DA VIDA
download picture
A LIÑA DA VIDAXos Mara lvarez Cccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A lia da vida, que acaba de editar Chan da Plvora, convrtese no seu mis esperado regreso. O libro presntase o vindeiro da 29 de novembro, a partir das sete da tarde, na librara Wells de Cangas, coa presenza de Lus Lpez Alonso e Antn Lopo, director da editora. Sen dbida, A lia da vida non defraudar aos abondosos seguidores deste autor, considerado unha das
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

 

Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da Pólvora, convértese no seu máis esperado regreso. O libro preséntase o vindeiro día 29 de novembro, a partir das sete da tarde, na libraría Wells de Cangas, coa presenza de Luís López Alonso e Antón Lopo, director da editora. Sen dúbida, A liña da vida non defraudará aos abondosos seguidores deste autor, considerado unha das figuras centrais da poesía galega das últimas décadas.

 

Os poemas que compoñen A liña da vida pronuncian unha nova voz de Xosé María Álvarez Cáccamo, a expresión dunha tonalidade clara que recolle as vivencias do corpo en tempo de inverno, as da idade próxima aos arrabaldos da vellez, condición asumida desde a “austera disciplina da melancolía” pero aínda instalada na emoción do asombro e da expectativa. Ambas posicións dirixen tamén o testemuño da existencia colectiva, a desesperanza e o soño da revolta e da xustiza universal.

Pecha o libro un conxunto de poemas conducidos pola conciencia da morte e a evocación das figuras próximas de amigos e familiares definitivamente ausentes. Con A liña da vida, Xosé María Álvarez Cáccamo rompe un silencio de nove anos desde a publicación do seu último libro de autoría individual dirixido ao lectorado adulto, Tempo de cristal e sombras (2014). Ao mesmo tempo, converte ao autor nun dos nomes frecuentes no catálogo de Chan da Pólvora, onde publicou a plaquette Berta –en lembranza á súa irmá–, o libro de poesía para crianzas Tinta de luz –precisamente con imaxes de Berta Cáccamo e distinguido coa súa inclusión no catálogo mundial do IBBY– e o ensaio sobre a propia pintora no volume Enteiramente pintado.

 

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) está considerado unha das figuras centrais da poesía galega das últimas décadas. Ademais e poeta é crítico literario, narrador, dramaturgo, autor de libros para crianzas e artista de engaiolantes poemas obxecto e visuais. Desde que publicou en 1983 o seu primeiro libro, Praia das furnas, puxo nas librarías títulos xa inesquecibles como Os documentos da sombra (1986), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997) ou A boca da galerna (2011). Memoria de poeta (2006) é o título da súa autobiografía. Tempo do pai (2008) recolle a evocación da vida do seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez. As súas colaboracións de crítica literaria foron compiladas no libro Espazos do poema (2009). As súas máis recentes publicacións son o libro de poesía infantil Tinta de luz (2017), que figura no IBBY Honour List, e o poema Berta, editado como plaquette en 2019. Publicou tamén varios libros de poesía discursiva e visual en colaboración con Baldo Ramos.

____

Editorial: Chan da Pólvora 09- 2023
Idioma: Galego

A LIÑA DA VIDA

Item no : 83873906474
sold recently : Login >>
US$ 18.95
Pay in 4 interest-free payments of $4.74 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 6 - Jul 11

Enjoy 20% off shipping

US$ 18.95

1-11

US$ 17.05

12-35

US$ 13.26

36-59

US$ 11.37

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Nile Gray
Nile Gray

US$ 9995.00

Min. order: 1 piece

4.9 (140 reviews)

Sold : Login>>

Related Searches