Shopping security
Título:CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
Autor:Xavier Vence
Editorial:LAIOVENTO (IBD)
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:OTRO FORMATO LIBRO
Número de páginas:1
Año de edición:2016
ISBN:9788484873334
Sinopsis:CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL.AS ALTERNATIVAS SILENCIADASEste libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixes até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno Central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual. Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervención no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade. De aí ese estilo directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están destrás dos argumentos expostos.Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases para o progreso social e a preservación da diversidade.
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 30 - Jul 5
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order