Shopping security
Agochar a memoria nalgures ofrece un conxunto de reflexións poéticas sobre as dificultades que o século XXI supón para as persoas, levadas polo baleiro das redes dixitais, as incertezas do futuro que está preto e a aniquilación de feitos que antes nos acompañaban.
A conclusión non é doada, obríganos a unha loita suplementaria que ás veces non somos quen de artellar. Entón, protexer e agochar a nosa memoria convértese nunha tarefa ardua. A narración descorre de modo lineal e sen apartados formais, no marco de certos sucesos físicos e contornas naturais.
A lingua galega destes versos tamén acubilla algunha frase e expresión noutros idiomas occidentais para amosar un diálogo simbólico nestes tempos imprevisibles e de mudanza.
Para dotar de maior simbolismo e expresión ao poemario, os versos de Agochar a memoria nalgures flutúan entre ilustracións lineais elaboradas polo propio autor, José Julio Fernández.
____
Editorial: Edicións FervenzaShips within 48 hours · Estimated delivery Jun 28 - Jul 3
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order