Shopping security
As cidades sn organismos en continua evolución, e nestes procesos sempre hai proxectos que non chegan a materializarse, pero que dalgún xeito existen e estan presentes na imaxinación e na lembranza, como realidades alternativas que puideran ser e no foron.
Santiago Proxectado, arquitecturas construídas é un libro que recolle e profunda nunha selección de catorce proxectos nunca realizadas na historia de Compostela, incluídas na exposición homónica. Arquitecturas plausibles, utópicas, teóricas ou rompedoras que convidan a imaxinarmos unha cidade que nunca existiu, composta de espazos urbanos que hoxe concibiriamos dunha maneira completamenta diferente.
Os proxectos recollidos neste traballo reflicten a vivacidade dunha cidade que medra arredor da súa Catedral, que imaxinou o seu crecemento en consonancia coa súa propia maxestosidade e que inspirou a arquitectos de acó e acolá a definiren novas paisaxes urbanas nunha cidade que esperta unha profunda sedución.
____
Editorial: TEÓFILO 10-2025
Idioma: Galego/Castellano/Inglés
Páxinas: 360
SANTIAGO
PATRIMONIO
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 24 - Jun 29
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order