20% OFF shipping at lifisolutions.eu on orders over $79 + up to 10% OFF products
lifisolutions.eu
home > UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA > UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
download picture
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTAVida e martirio de Enrique Peinador Porra, republicano galeguista (1902 1940) Enrique Peinador Porra morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masn, o seu compromiso coas liberdades democrticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fra de toda dbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracins da
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940)

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta: resistir.
Fillo de Enrique Peinador Lines. Avogado laboralista, fiscal, secretario da Academia de Jurisprudencia y Legislación. Foi secretario do Lar Gallego de Madrid. Colaborou en Galicia en Madrid. Militou en Izquierda Republicana. En 1935 editou o periódico ¡Amnistía! para defender aos procesados polos sucesos de outubro de 1934. Durante a guerra civil foi dirixente das Milicias Populares Galegas. Despois da guerra foi xulgado e executado o 27 de abril de 1940 no cemiterio do leste de Madrid.

Peinador foi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidariedade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade.

A presenza como xuíz de Peinador no Comité Provincial de Investigación Pública así como o seu paso en calidade de fiscal acusador contra elementos da Quinta Columna madrileña, pesaron máis que os informes favorábeis de moitos dereitistas salvados dunha morte segura por Enrique. Inocente en todos os sentidos, o seu fusilamento respondeu a súa condición de vencido e, en especial, ao carácter de exemplaridade do tribunal fascista que, de maneira alucinante, xulgou acusando de rebelión militar a aqueles que permaneceran fieis ao réxime constitucional e lexítimo.

Francisco Xavier Redondo Abal (Pontevedra, 1964) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, institución na que traballa como bibliotecario.

Coa recuperación da memoria histórica democrática como eixe das súas investigacións, publicou artigos en A trabe de ouro, Terra e tempo, Murguía, Grial, Luzes, Galegos, Madrygal, Anuario brigantino, Inzar razóns, Claridade... e deu ao prelo libros como Percorrendo a catástrofe (2005), Botarse ao monte (2006), Alfonso Ortega Prada: memorias de un socialista perseguido por el fascismo (con Pilar Ortega González, 2007), Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista e revolucionario (2007) e A memoria dos libros (2008).

En Laiovento publicou os seguintes ensaios: O fulgor e as tebras (2009), Proceso a una biblioteca (2010), O mar e a memoria (2012) e Bibliotecarias e bibliotecarios ‘infames’ (2014). Xunto a Margarita García Candeira foi responsábel do catálogo Biblioteca de José Ángel Valente (USC, 2016).
_____

Editorial: Laionento  04-2026
Idioma: CGalego
Páxinas: 168
ENSAIO
HISTORIA
FRANQUISMO
REPRESIÓN
POLÍTICA

 

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA

Item no : 26806639131
sold recently : Login >>
US$ 15.83
Pay in 4 interest-free payments of $3.96 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 25 - Jun 30

Enjoy 20% off shipping

US$ 15.83

1-11

US$ 14.25

12-35

US$ 11.08

36-59

US$ 9.50

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

La cabaña
La cabaña

US$ 12481.50

Min. order: 1 piece

4.4 (21 reviews)

Sold : Login>>

Related Searches